Todo preparado para o BuleSamaín

Escrito el 21 de Octubre de 2014 por y leído 1,530 veces. Ver comentarios

Todo preparado para o BuleSamaín

Así é, xa temos todo preparado para días moi entretidos e cheos de meigas, pantasmas, cabazas, e teas de araña en Bulebule parque infantil.

Este luns día 20 comezamos a recibir nas nosas instalacións as cabazas de todas e todos @s nen@s que queran participar no I Concurso Bulesamaín. Ata o xoves 30 podedes traer as cabazas decoradas e participaredes, optando a dous BULEPREMIOS

1º Bulepremio: unha entrada para a Festa do Samaín do día 31 máis unha sorpresa terrorífica, preparada por Comecocos.

2º Bulepremio: unha sorpresa terrorífica, preparada por Comecocos.

O Sábado 25, abriremos como é habitual de 10 a 14 horas, e de 11 a 13 horas faremos un obradoiro especial do Samaín. O prezo do obradoiro é de 6 euros por nen@ asistente e inclúe os materiais e o xogo durante esas horas. 

O Venres 31 faremos a FESTA DO SAMAÍN, de 17 a 20 horas. O prezo é de 7 euros por nen@ asistente e inclúe o obradoiro, a merendola e as chuches especiais de Samaín, e un bo rato de xogos e bailes terrorificamente divertidos. Os nenos e nenas que o desexen poden vir disfrazados e os que prefiran poden disfrazarse cos traxes que temos en Bulebule.

E o Venres 31 de Outubro máis o Luns 3 de Novembro, xa que @s nen@s non teñen cole, poderedes traelos a xogar e facer obradoiros do Samaín. Podedes consultar os nosos horarios no teléfono 881 94 13 04, pasando polas nosas instalacións, ou enviando un email a info@bulebule.eu.

Recordámosvos que como sempre o aforo é limitado, polo que o mellor é que reservedes as vosas prazas para os obradoiros ou para a festa con antelación, para que ninguén se quede sen sitio. 

Estaremos a esperarvos nas nosas instalacións próximas á Rúa Barcelona, na Coruña, para todas estas actividades relacionadas co Samaín.

También te puede interesar...

Bulebule, parque infantil en Coruña
Parque infantil en A Coruña Reservas: 981 06 19 94

Fuente Álamo 15 - 15010 A Coruña - © 2020 Bulebule, todos los derechos reservados.